CRTVG

Buscar

Jorge Prado foi o 6º na manga inicial en Lommel

Publicado o 01/08/2021 14:38

Imos con Motocrós e coa proba do Mundial de MXGP que se está a disputar no circuíto belga de Lommel. Na primeira manga, Jorge Prado logrou o sexto posto nunha accidentada carreira. O piloto lucense caeu ao pouco de comezar e foise ata a decimocuarta posición. Puido recuperar postos cunha boa remontada e concluír incluso por diante do líder Tim Gajser, que tamén se foi ao chan. Pero o protagonista desta manga inicial foi Jeffrey Herlings. O holandés correu cunha omoplata fracturada e logrou unha espectacular vitoria. Ás catro, na G2 poderán ver a segunda manga.

Noticias web

01/08/2021