CRTVG

Buscar

O obxectivo de Jorge Prado é intentar probar para sair en Francia

Publicado o 03/10/2021 14:14

• Ten o corte moi profundo pero o sistema nervioso e o músculo non están afectados

Logo da revisión médica en Bélxica, Jesús Prado afirma que Jorge está bastante ben e que fará todo o posible para competir canto antes. O obxectivo é intentar probar para sair en Francia

 Ten o corte moi profundo pero o sistema nervioso e o músculo non están afectados. Esta semana non adestra e probará directamente o domingo

Jorge Prado tivo que retirarse en padiola en Alemaña e o seu pai, Jesús, atendeu a Zona Mixta no transporte no que ía co seu fillo cara a Bélxica para ser tratado polos médicos de confianza do piloto lugués.

Así contaba como foi o susto e como xusto acababan de darlle a alta logo da operación á que fora sometido: "Acaban de darlle a alta e xa imos camiño a Bélxica nun furgón, el vai detrás descansando. Xa foi intervido cirurxicamente logo do accidente. Foi unha caída fortísima, cravou o guiador na axila 15 cm, foi como unha cornada, por sorte, non colleu nervios".

Preguntado sobre se realmente todo isto paga a pena, Jesús reflexionaba: "Isto non é unha obriga, ten un risco alto que tratas de minimizar. Logo pasan cousas como as de onte... pero fas o que che gusta. Tamén ás veces tes accidentes de tráfico... hai fallos, é así".

E o importante, é que Jorge se recupere fisicamente, logo virá de novo a competición se todo vai ben: "Non sabemos cando poida estar para volver á moto, o importante é que finalmente non foi nada grave".

 

Noticias web

03/10/2021