CRTVG

Buscar

Jorge Prado comeza cun 2º posto en Sardeña

Publicado o 19/09/2021 14:30

E concluímos con motocrós, co Gran Premio de Sardeña de MXGP, que pode marcar un antes e un despois no desenvolvemento do campionato do Mundo. Na primeira manga, Jorge Prado conseguiu o segundo posto. Na saída viuse superado por Jeffrey Herlings, que se fixo co triunfo con autoridade. Prado adiantou o británico Watson e tampouco tivo problemas para garantir a segunda posición. Pero a imaxe da carreira chegou case na liña de meta, con Herlings dobrando o líder do mundial, Tim Gajser. O esloveno, moi minguado fisicamente, só puido ser o décimo noveno e pon en xogo o mando do Mundial na segunda manga. Ás catro poderán ver esta carreira na G2.

Noticias web

19/09/2021