Jorge Prado chegará polos pelos para o comezo do Mundial
Publicado o 13/12/2019 16:15
Tres meses para recuperarse, e o Mundial de Motocrós comeza en marzo en Gran Bretaña. É o tempo que necesitará Jorge Prado para recuperarse. Caeu mentres se adestraba en Italia, no circuíto de Malgrotta. Fractura limpa do fémur. Perna esquerda.
Desprazamento do óso de quince centímetros. Foi operado durante tres horas, colocáronlle unha barra de titanio. Lembren que o piloto lucense, bicampion mundial de MX2, prepara a temporada da súa estrea en MXGP, a máxima categoría.