CRTVG

Buscar

Jorge Prado chega á súa segunda casa, o circuíto de Lommel, coa moral polas nubes

Publicado o 31/07/2021 14:23

Fin de semana importante para Jorge Prado. Acaba de gañar o seu primeiro gran premio da temporada e vai correr nun circuíto que coñece á perfección. O MXGP trasládase a Lommel, a poucos quilómetros onde Jorge residiu antes de trasladarse a Roma. O piloto lucense é o terceiro na xeral, a 17 puntos do líder Tim Gajser. 

Noticias web

31/07/2021