CRTVG

Buscar

Jorge Prado, a un paso do título

Publicado o 19/08/2019 16:45

O piloto lucense terá que adiar a celebración do seu segundo título mundial de MX2. En Ímola só puido sacarlle seis puntos de vantaxe, tres por manga, ao seu rival directo, o danés Thomas Olsen, situado a 130 puntos na clasificación xeral. Aínda así, Prado estaba eufórico tras o seu duodécimo triunfo dobre en senllas mangas da proba. ”Foi una fin de semana marabillosa. Tiven unha boa saída, pero era difícil manterse en pé nesta pista, con moitos baches, rodeiras e competir era todo un reto. Pero saíu todo perfecto, puiden gañar a carreira e xa estamos a moi pouquiño de culminar con éxito esta fantástica temporada que estamos facendo"

Se non media unha catástrofe e segue co seu dominio incontestabale, gañou 14 de 15 grandes premios esta temporada, Jorge Prado podería coroarse campión por segundo ano consecutivo no vindeiro gran premio de Suecia, o primeiro dos tres que quedan por disputar. Apenas lle separan 20 puntos. Un reto que só depende del mesmo.

Noticias web

19/08/2019