CRTVG

Buscar

Jordi Sánchez cre que o PSOE "aceptará tarde ou cedo a vía do referendo"

Publicado o 18/04/2019 19:57

Junts per Cataluña abre a porta a ser un socio estable do PSOE no Goberno, co convencemento de que tarde ou cedo Pedro Sánchez aceptará celebrar un referendo. Así o asegurou o cabeza de lista, Jordi Sánchez, que ofreceu unha rolda de prensa desde a prisión.

"Desde Junts per Catalunya estamos convencidos de que o referendo formará parte da solución. Tarde ou cedo o PSOE aceptará esta vía, porque sabe que do contrario estará condenado ao bloqueo ou a gobernar coa dereita, e esa xa é unha decisión persoal de Pedro Sánchez", asegurou

Noticias web

18/04/2019