CRTVG

Buscar

Jon Rahm, positivo por coronavirus, non poderá participar nos Xogos

Publicado o 25/07/2021 09:12
Jon Rahm, positivo por coronavirus, non poderá participar nos Xogos

O Comité Olímpico Español informou do positivo de Jon Rahm, que non poderá disputar os Xogos de Tokyo. Detectouse que era positivo nunha PCR obrigatoria para todos os que participaron no Open do Reino Unido. España perde deste xeito unha das opcións de medalla máis sólidas da súa delegación por contar co número 1 do mundo. 

Ao non haber tempo dabondo para atopar un substituto que cumpra todos os protocolos sanitarios o golf español estará representado na categoría masculina por Adri Arnaus.