CRTVG

Buscar

Jon Rahm gaña o Aberto dos Estados Unidos: "Este vai por Seve"

Publicado o 21/06/2021 20:36

O golf español segue inscribindo nomes no cumio da elite mundial. Desta volta é Jon Rahm.
Por primeira vez na historia un golfista español gaña o Aberto dos Estados Unidos. Foi a pasada madrugada en San Diego. O golfista de Barrika, en Biscaia, vinte e seis anos, conquista o seu primeiro gran torneo. Sobe ademais ao primeiro posto da clasficación mundial. Accede ao olimpo do golf canda Seve Ballesteros, Chema Olazábal o Sergio García. Rahm gañou cunha impecable tarxeta na última xornada: sesenta e sete golpes e rematando con dous birdies. Tivo un recordo especial para o mestre Severiano.

Noticias web

21/06/2021