Johnson veta inmigrantes pouco cualificados e que non falen inglés
Publicado o 19/02/2020 19:37
O goberno de Boris Johnson non permitirá a entrada de inmigrantes non cualificados e que non falen inglés. Asi figura no proxecto de lei que espera aprobar nos próximos meses. Segundo ese proxecto, os europeos e os migrantes do resto do mundo serán tratados igual no Reino Unido. Para entrar terán que contar cun contrato de traballo de polo menos 30.000 euros anauis e un nivel aceptable de inglés. Os cambios entrarán en vigor en xaneiro de 2021, cando conclúe o periodo de transición do Brexit.