Johnson and Johnson advirte que será precisa unha vacina anual polas novas variantes
Publicado o 10/02/2021 09:34
O CEO da farmaceutica Johnson and Johnson acaba de afirmar que é posible que no futuro a vacina contra a covid−19 teña que ser coma a da gripe, é dicir, anual, por mor das variantes do virus.
Estas declaracións do CEO de Johnson and Johnson chegan logo de que representantes de departamentos de sanidade e outros expertos en enfermedades infecciosas advertisen da posibilidade de que o virus se converta nun virus endémico e que os científicos teñan que producir constantemente vacinas efectivas contra cada variante.