CRTVG

Buscar

John Lennon soa en lingua de signos nun colexio de Bergondo para celebrar o Día da Paz

Publicado o 30/01/2020 14:36

Hoxe é o día escolar da Paz, unha celebración que promove a concordia dentro e fóra das aulas. En Bergondo celebrárono con música e linguaxe de signos, porque a paz será inclusiva ou non será.

Imaxinan un mundo sen violencia. E fano en lingua de signos, porque a paz non deixa fóra a ninguén. Aquí saben que para que prenda a paz, hai que sementala na escola.

Como di a canción de Lennon, diredes que son soñadores. Pero non están sós. Agardan que un día todos nos unamos. E o mundo sexa un.

Noticias web

30/01/2020