CRTVG

Buscar

Joe Biden: "Non vou ser o presidente que divida, senón o que una"

Publicado o 08/11/2020 05:27

Nos Estados Unidos, o discurso da vitoria de Joe Biden -esta madrugada- marcou como prioridade recuperar a unidade no país.

Biden interveu dende Delaware acompañado pola que será a súa vicepresidenta, Kamala Harris, a primeira muller que accede ao cargo, que prometeu romper barreiras para que outras tamén poidan chegar.

O que fora vicepresidente con Obama prometeu pórse a traballar de inmediato para controlar o coronavirus, que deixa xa máis de 234 mil mortos no país. Mañá mesmo, anunciou, nomeará un grupo de traballo con expertos e científicos, que elaborarán a estratexia para loitar contra a pandemia.

A vitoria demócrata sacou á rúa milleiros de persoas por todo o país. Dende Nova York, pasando por Washington, Filadelfia ou Chicago, as celebracións continuaron ata ben entrada a madrugada.

 

Noticias web

08/11/2020