CRTVG

Buscar

'Joker', a película favorita na edición dos Óscar

Publicado o 09/02/2020 19:47

Na 92 edición dos Óscar de Hollywood a película de animación Klaus é, entre as tres posibilidades españolas de levar a estatuíña, a que o ten máis doado. Así o declaran as apostas e os premios precedentes.

Case seguro que non escoitaremos a Penélope Cruz, a musa do manchego, pronunciar o seu nome cando de novo hoxe dea paso dentro dunhas poucas horas ao galardón á mellor película en lingua non inglesa.

Dolor y Gloria cédelle a condición de favorita a Parasitos, a película surcoreana que ten cinco candidaturas. Tamén está preseleccionada para a mellor película. Se gaña sería a primeira vez na historia que un filme nun idioma distinto ao inglés o consiga. The artist, francesa, non conta porque é unha película muda.

Pero non é unha posibilidade moi realista porque os entendidos din que a mellor película será 1917, de Sam Mendes, que ten dez candidaturas, igual que O irlandés, de Scorssese, e Jocker, que pode levar un feixe de premios porque na man ten once posibilidades.

O seu protagonista, Joaquim Phoenix, será, segundo os faladoiros, o mellor actor principal. Na súa categoría compiten Leonardo Dicaprio, Adam Driver, Jonathan Price e o noso, que, como xa saben, non é negro, Antonio Banderas. Nin Almodóvar nin Banderas contan con gañar.

A divertirse como o 80 % da sala, porque en cada categoría só pode gañar un, o 20%. Entres elas din que será René Zellwegger, a Judy Garland, ou a Jo de Mulleriñas Saoirse Ronan. Conta con levar o premio á dirección Sam Mendes pola bélica 1917. Iso si, co permiso de Scorssese e Tarantino.

Noticias web

09/02/2020