CRTVG

Buscar

Jimmy e Patricia, dous trotamundos que botaron raíces en Galicia

Publicado o 25/02/2021 17:27


Coñecéronse nunha noite de treboada en Mauritania e hoxe saudan o sol desde a súa casa de Nanín, en Allariz. Jimmy, de California, Patricia, de Madrid, e Alco, o can que adoptaron no Perú, atoparon en Galicia o lugar ideal para botar raíces.
Na cociña, Jimmy dá clases online de inglés aos seus alumnos da China, e tamén de Allariz. Patricia ten a súa propia marca de artesanía, fai talleres de macramé e vende as xoias na rede agora que por fin lograron unha boa conexión.

Mercaron unha casa nunha aldea abandonada da Ribeira Sacra á que se trasladarán en pouco tempo coa idea de atraer máis xente que, coma eles, atopen no rural o seu lugar no mundo...





 

Noticias web

25/02/2021