Jeison Murillo volve ser o central elixido para o Celta
Publicado o 30/08/2021 15:55
O Celta precisa un central, Murillo busca un equipo e todo apunta a que, por terceiro consecutivo, o colombiano volverá xogar en Vigo.
Murillo ten contrato coa Sampdoria ata xuño do 2023 pero unha temporada máis, non entra nos plans do equipo italiano Aí aparece a opción do Celta, onde valoran o bo rendemento que ofreceu e a necesidade que ten Coudet de reforzarse cun central de garantías. Murillo xa está en Vigo. A súa familia xa estaba instalada na cidade. Só queda oficializar a terceira cesión do central colombiano co Celta.