CRTVG

Buscar

Jeison Murillo e Renato Tapia perden o resto de temporada

Publicado o 04/05/2021 17:58

• Iago Aspas só ten unha contractura

Murillo e Renato Tapia perden o resto de temporada, teñen lesións de importancia. Os dous lesionáronse no partido co Levante. Murillo padece unha rotura de fibras na coxa esquerda. Serán catro semanas de baixa.

Renato Tapia sofre outra rotura de fibras e serán tres semanas de convalecencia. Aidoo só estará unha semana ausente por unha elongación e a preocupación por Aspas desaparece. O moañés ten unha contractura.