CRTVG

Buscar

Javier Touza: "Se nos expulsan das augas do Reino Unido teremos que parar"

Publicado o 22/10/2019 12:28

Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo, di que continúan na situación de incerteza co brexit no sector da pesca.

"Uns 130 barcos e 1.7000 tripulantes están pendentes da que pase o 31 de outubro. Por cada tripulante embarcado calculan 4 persoas que traballan en terra afectadas polo que o impacto directo podería estar arredor das 10.000 persoas, ao que lle terían que engadir o persoal de lonxas e flota conxeladora".

Nos seis primeiros meses do 2019 as exportacións galegas ao Reino Unido caeron case un 13%, o que supón máis de 100 millóns de euros.

"Se expulsan os barcos que traballan en augas inglesas as dúas posibles solucións son amarrar ou ir a Irlanda o que podería producir unha sobre-explotación dos recursos en Irlanda e tensións entre frotas".

O período transitorio para renegociar as cotas entre o Reino Unido coa Unión Europea no sector da pesca remata o 1 de xullo de 2020 un tempo escaso.

"O principal plan de continxencia é o pulo a capacidade de reinventarse que teñen os traballadores do sector do mar e a única opción é que vaiamos todos xuntos".