CRTVG

Buscar

Javier Touza: "O impacto do 'brexit' na pesca galega pode ser moi importante"

Publicado o 13/09/2019 11:52

Fran López Iglesias conversa no Bos días co presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo sobre os efectos e a incerteza dun brexit duro sobre o sector pesqueiro.

"Moita preocupación, moita incerteza sobre se vai haber unha nova prórroga ata o 31 de xaneiro do ano 20. Para nós é complicado trazar unha folla de ruta se non sabemos como vai quedar esta situación".

"O porto de vigo ten unhas características moi especiais, xa que temos barcos de bandeira española pescando en distintos caladoiros, en augas inglesas, nas Malvinas; temos barcos de bandeira malvina pescando en augas malvinas; temos barcos de bandeira inglesa pescando en Inglaterra... Todos eles de capital galego e con tripulacións galegas; polo tanto, o impacto socioeconómico que pode deribarse do brexit na pesca cremos que pode ser moi importante e tamén o impaco comercial e nas cadenas de distribución".

"Trátase de produtos perecedoiros. O pescado fresco precisa dunha loxística moi rápida. Co brexit este tempos vanse alongar e ademais haberá un sobrecusto que será o dos aranceis".

"Sexamos intelixentes, vaiamos a un brexit negociado que teña un período transitorio en que a nosa frota poida seguir accedendo ás augas británicas".

"Estamos a ter un diálogo moi fluído coa Xunta e o presidente Feijóo está sempre moi atento ás nosas preocupacións. Pero tamén temos unha relación fluída co Goberno central en especial cos ministerios de sanidade, pesca e comercio".

"Temos esperanza porque sempre soubemos capear os temporais, como foron  a expulsión de Namibia ou a guerra do fletán".

Noticias web

13/09/2019