CRTVG

Buscar

Javier Pardo sobe ao podio no Rally de Serra Morena

Publicado o 11/04/2021 11:20

O alaricano Javier Pardo conseguiu o terceiro posto no Rally de Sierra Morena, primeiro do Campionato de España. O vencedor da proba fo asturiano "Cohete" Suárez, seguido por Jan Solans. Suárez marcou o mellor tempo en oito dos nove treitos cronometrados demostrando a súa superioridade e aproveitando a ausencia de Iván Ares que tivo que abandonar cando só se levaban 3 quilómetros de proba. Javier Pardo fixo unha gran proba e quedou na terceira posición a 2:54 do líder e sacándolle 18 segundos a Joan Vinyes. A vindeira cita será en terras murcianas, a finais do mes de abril. 

Noticias web

11/04/2021