CRTVG

Buscar

Javier Nart dimite da executiva de Ciudadanos tras unha votación que mantén o veto a Sánchez

Publicado o 24/06/2019 15:41
Javier Nart dimite da executiva de Ciudadanos tras unha votación que mantén o veto a Sánchez

O eurodeputado de Ciudadanos Javier Nart dimitiu da executiva nacional do partido, despois de que a dirección votara para decidir se reconsideraa o non a Pedro Sánchez, unha votación que tivo como resultado 24 votos a favor de manter o veto, 4 en contra e 3 abstencións. Nart seguirá mantendo a súa acta como deputado no Parlamento Europeo.

A executiva reuniuse hoxe como todos os luns e, aínda que estaba previsto ratificar a estratexia en relación coa investidura de Sánchez, non estba na orde do día sometelo a votación; de feito, esta votación non e produciu ata despois de que a portavoz de Ciudadanos, Inés Arrimadas, comparecera nunha conferencia de prensa na sede de Alcalá.

Foron Luis Garicano, o cabeza de lista da candidatura europea, e Javier Nart, os máis críticos coas aproximacións a Vox, quen solicitou que se votara a ratificación do veto a investir a Sánchez como presidente do Goberno, unha decisión que por primeira vez non se adoptou por unanimidade.

Segundo informan fontes da formación laranxa, os cato votos en contra foron os de Garicano, Nart, Francisco Igea, o candidato de Ciudadanos en Castela e León; e Fernando Maura. E as tres abstencións, as de Nacho Prendes, Marta Martín e Orlena de Miguel.

Javier Nart, número catro da lista europea, seguirá manendo a súa acta como deputado na Eurocámara.