CRTVG

Buscar

Javier Fernández visita Galicia cun espectáculo sobre xeo que presta atención ao deporte inclusivo

Publicado o 20/06/2019 18:48

O campión de patinaxe artística Javier Fernández percorre España cun espectáculo sobre xeo que presta atención ao deporte inclusivo. Hoxe puidemos conversar con el.

Dúas veces campión do mundo de patinaxe, sete veces campión de Europa. Javier Fernández non coñece o retiro.

Esvarar, danzar, impresionar os xurados e por riba facer que semelle fácil. Súper Javi está coas pilas cargadas xa para este 2019 e presta especial atención ao deporte inclusivo.

No 2017 contaba con ser adestrador cando se retirara, con montar unha escola, que é hoxe dese soño? Tan elegante no que fai como no que di. Fernández gaña soños, e moitos, para o seu futuro.
 

Noticias web

20/06/2019