CRTVG

Buscar

Javi López: "A contra do segundo gol puido evitarse cunha falta"

Publicado o 08/10/2018 17:20

E derrota do Lugo en Elxe, se cadra por esquecer as teorías do outro fútbol, algo que criticou Javi López ao remate o partido.

O protagonista do partido foi o guineano Sory Kaba, o verdugo do Lugo. Deixou en evidencia a zaga do Lugo.
Sory Kaba inaugurou deste xeito o marcador. Na segunda parte empataría o Lugo. Gol de José Carlos Lazo. A Lazo fanlle a falta. Está moi rápido e astuto Carlos Pita para sacar a falta. Marca Lazo. Fíxense como sorprende Pita a cobertura do Elxe. Faltaban vinte minutos. Pero pouco despois de novo Sory Kaba sorprendía o cadro lucense. Rodeado de adversarios o dianteiro ilicitano chega ás inmediacions da area e bate con este disparo a Juan Carlos.

Pasividade, falta de contundencia da defensa luguesa. Todo iso mesturouse no tanto que evitou que o Lugo puntuara no Martínez Valero. O Elxe lograba a primeira vitoria da liga.
 

Noticias web

08/10/2018