CRTVG

Buscar

Javi Gómez Noya: "Nos Xogos de Toquio podo estar ao meu mellor nivel"

Publicado o 22/03/2021 21:36

Case dez anos despois, Gómez Noya vivirá a súa terceira cita olímpica. En Toquio terá 38 anos, pero o seu corpo dálle bos sinais.

Gomez Noya: "Estou atopándome ben, falta competir un pouco para coller o punto que dá a competición. Demostreime que podo estar ao meu mellor nivel. O corpo responde". 

Prevé unha carreira olímpica aberta e incerta. A pandemia apenas permitiu competir en todos estes meses. "Hai un pouco máis de incerteza sobre como está cada un. Atendendo ao Mundial de 2019, en cada proba o podio era distinta. Vai ser unha carreira moi aberta e un podio impredicible".

Javi Gomez Noya visualiza o podio, sen a presión do seu debut en Pequín e coa prata de Londres 2012: "Ter xa unha medalla olímpica e nove mundiais en total faime estar tranquilo. Se non sae ben, que se lle vai facer, pero non entra nos meus plans outra cousa que non sexan as medallas".

Pase o que pase en Toquio, a Gomez Noya quédalle máis tríatlon: "Pechar un ciclo en distancia olímpica pode ser. Pero non penso retirarme despois de Toquio, seguirei sexa en longa distancia ou en ITU, xa veremos".

O 26 de xullo é a data que ten na cabeza. A da carreira perfecta que pintaría de ouro unha traxectoria de supercampion.

Noticias web

22/03/2021