CRTVG

Buscar

Javi Galán, un dos mellores do Celta no inicio irregular da temporada

Publicado o 09/09/2021 21:23

Javi Galán é unha das mellores noticias deste inicio de temporada do Celta. O defensa esquerdo deixou boas sensacións, por riba dos pobres resultados do equipo, que lle impiden quedar satisfeito co seu rendemento. Javi Galán: "Confío en min e nas miñas cualidades pero prefiro que o equipo empece ben"

O estremeño, que chegou este verán desde o Huesca nun traspaso de catro millóns de euros, agarda celebrar logo a primeira vitoria: "Vexo o equipo ben, con confianza. Pero non podemos estar contentos, queremos gañar e dar a primeira alegría á afección"

O reto é facelo no Bernabeu. Non sendo goleador ,Javi Galán ten fresco o seu gol ó Real Madrid este mesmo ano no Alcoraz. Imposible para Courtois. Digamos que lle perdeu o respecto ós grandes."Imos ir a calquera campo por moi difícil que sexa a impoñer o noso xogo"

Secunda a Denis Suárez, cando o de Salceda di que o Celta pode quedar entre o seis primeiros: "Eu xa vin con esa ilusión de competir contra calquera e quedar o máis alto posible"

Está entre os mellores dribladores da liga. Pois a engordar a estatística contra o Real Madrid.

Noticias web

09/09/2021