Javi Galán perfila o obxectivo do Celta: "Se podemos soñar con Europa, moito mellor"
O lateral esquerdo Javi Galán, a última fichaxe do Celta para a vindeira temporada, ten claro que o Celta pode soñar cun posto europeo: "Marcamos o obxectivo de ir sumando vitorias, e se podemos entrar nun posto europeo, moito mellor", dixo na súa primeira conferencia de prensa.
Ademais, Galán asegurou que o estilo de xogo do Chacho Coudet benefíciao porque lle "gusta moito atacar".
"Xa o sufrín moito en contra, con el as cousas son máis sinxelas", dixo Galán sobre Iago Aspas
Todo nun día en que volveu aos adestramentos Nestor Araújo tras xogar con Mexico a Copa de Ouro. Perdeu a final contra os EUA. Non tardará en conseguir a nacionalidade española.
Araujo terá a sua esquerda esta campaña a Javi Galán, o segundo mellor regateador da liga pasada por detrás de Messi. O futbolista soña alto: "Oxalá o poida superar este ano", dixo entre risas.