Jácome pedirá que se aplique a 'lei exprés' para construír o xeriátrico financiado pola Fundación Amancio Ortega
Publicado o 06/10/2021 21:41

En Ourense, o pleno da capital rexeitou por terceira vez o cambio de uso da parcela onde está previsto construír un xeriátrico financiado pola Fundación Amancio Ortega.
Aos votos de Democracia Ourensana e Partido Popular sumáronselles o de Ciudadanos e dous de non adscritos, pero non foi suficiente, polo que o proxecto segue bloqueado.
O rexedor municipal anunciou que pedirá á Xunta que aplique a 'lei exprés' para activar a construción da residencia sen necesidade de pasar polo pleno.