Jácome: "Non é unha chantaxe, é negociación política"
Publicado o 02/03/2021 14:13
O alcalde de Ourense réstalles importancia aos audios desvelados polo diario local La Región que amosan supostas chantaxes á edil crítica de DO María Dibuja por parte de personas da contorna do rexedor.
Di a concelleira que ten máis gravacións onde lle piden que abandone a súa acta a cambio doutras prevendas.
Asegura Pérez Jácome que as gravacións non teñen base, que recollen unha conversa de terceiros que el non protagoniza e mesmo acusa a edil de ser ela a que acudiu ao grupo de goberno buscando traballo para o seu fillo.
A gravación da conversa telefónica xa está en mans da Fiscalía.