CRTVG

Buscar

Jácome convida o PP a volver ao Goberno de Ourense

Publicado o 08/01/2021 11:12
Jácome convida o PP a volver ao Goberno de Ourense

En Ourense, o alcalde Gonzalo Pérez Jácome convidou o Partido Popular a volver ao Goberno local tras o arquivamento provisional da investigación por suspostas irregularidades na xestión de Democracia Ourensana.

Jácome afirmou que todo se trataba dunha trama urdida polo que fora voceiro de Democracia Ourensana, Miguel Caride, que enleou tamén, dixo, o Partido Popular, pero que o ditame demostra que todo era, di, fume.

Unha sentenza, contra a que aínda cabe recurso, que recolle que non está demostrado o suposto pago de doazóns forzosas ao partido denunciadas por un exasesor e por varios edís de DO.

Denuncia que fixo saltar polos aires o propio partido e que rompera o Goberno de coalición co Partido Popular, quedando o Goberno en mans de tan só tres persoas.

Pois agora Jácome convida o PP a volver a ese pacto de goberno para conseguir maior solidez, aínda que seguirían en minoría, xa que o que non acepta é a volta dos críticos de Democracia Ourensana.

Por agora os populares aínda non se pronunciaron ao respecto deste ofrecemento, pero si recalcaron que o que non mudou é a crise interna no partido de Jácome. Crise que non favorece, afirman, un Goberno estable na cidade.

Noticias web

08/01/2021