CRTVG

Buscar

Jácome reincorpora aos concelleiros do PP ao grupo de goberno en Ourense

Publicado o 02/07/2021 11:28

En Ourense, xa é oficial: o PP volve ao grupo de goberno. O alcalde Gonzalo Pérez Jácome acaba de asinar os decretos. Foi entre pleno e pleno. O primeiro foi extraordinario, a debate a reactivación da Universidade Popular; despois pasouse á sesión ordinaria do pleno momento en que o alcalde anunciaba esa sinatura dos decretos.

Jácome e PP anunciaban a finais da semana pasada que volvían a ser socios de goberno, pendentes somentes dese trámite para facelo oficial. Pois a partir de agora os popularee collen de novo o temón, volven ao grupo de goberno, aseguran que polo ben da cidade e para desatascar proxectos.

O Termalismo será unha das carteiras que xestionará o PP, que tamen tera Urbanismo e Política Social. Recupera practicamente todas as competencias que tiña ata a ruptura do pacto de goberno con Demoracia Ourensana, que vai para un ano a raíz da crise interna do grupo do alcalde. Unicamente perde a tenencia de alcaldía.

O novo equipo de goberno suma 10 concelleiros dos 27 que forman a corporación.

 

Noticias web

02/07/2021