Izado da bandeira española en Madrid no aniversario da entronización de Filipe VI
Publicado o 19/06/2021 18:57
Hoxe fai sete anos da proclamación de Filipe VI como rei de España. Para celebrar o aniversario, esta mañá era izada unha bandeira na madrileña praza de Colón.
Asistiron o presidente do Tribunal Supremo e o xefe do Estado Maior da Defensa.