CRTVG

Buscar

Iván Villar: "O Madrid é un reto maior pola calidade dos seus xogadores"

Publicado o 17/03/2021 20:12

A Iván Villar tócalle de novo defender a portería do Celta ata fin de temporada. O de Aldán substituíu a Rubén Blanco no partido contra o Huesca. Nese mesmo encontro realizou unha meritoria actuación. O canteirán, de 23 anos, xa xogara de titular as sete primeiras xornadas de Liga. Agora volve asumir a responsabilidade. O sábado contra o Real Madrid, terá unha proba difícil. 

Noticias web

17/03/2021