CRTVG

Buscar

Iván Redondo insinúa que o PSOE perdeu un millón de votos dende as últimas eleccións

Publicado o 21/10/2021 15:09

O exdirector de gabinete de Pedro Sánchez amósase a favor dun adianto electoral, e asegura que en primavera pode haber movementos nese sentido. Iván Redondo tamén dá a entender que o PSOE perdeu un millón de votos dende as últimas xerais, cando lograra o apoio de case seis millóns oitocentos mil votantes.

Iván Redondo, exxefe de Gabinete da Presidencia do Goberno: "O Partido Socialista está en 5,8 millóns de votos. Se quero esgotar a lexislatura, hai que pensar cal é o mellor momento, eu valoraríao. A partir da primavera creo que vai haber movementos".

Noticias web

21/10/2021