Iván Montero, dobre campión de España de ciclismo adaptado, en ruta e na contra o reloxo
Publicado o 12/11/2020 16:51
Revalidou o título contra o reloxo e venceu na proba de 45 quilómetros. Dúas medallas de ouro e xa pensa no seguinte desafío. Así de ambicioso é Iván Montero.
O ciclista asentado na Laracha ten unha dura historia de superación detrás. O ciclismo adaptado axudoulle a superar un gravísimo atropelo que lle custou as pernas e houbo custarlle a vida.
Malia iso, volve cada día á estrada coa humildade do primeiro día. A súa historia quedou recollida nun libro que reflicte o seu espírito de superación.