Iván Cruz: "Hai que ir a Palma e liquidar a eliminatoria" (mércores, 20:30, G2)
Publicado o 25/05/2021 15:50
O Club Baloncesto Breográn xoga mañá a partires das 20.30 horas (G2) o segundo partido de cuartos de final do play-off de ascenso á ACB, despois de vencer o pasado sábado 87-72 no primeiro encontro da eliminatoria.
Iván Cruz, xogador celeste, ten claro que hai que conseguir a clasificación para a seguinte rolda "o antes posible" e evitar así o terceiro partido.
Poderán seguir este partido entre o Río Breogán e o Bahía San Agustín na nosa segunda canle.