CRTVG

Buscar

Iván Ares sabe que non ten "marxe de erro" no final de temporada

Publicado o 24/09/2019 13:55

O Rally de Asturias abriu a segunda parte do calendario cos abandonos de Iván Ares e Pepe López. Dende ese rally só se pode descartar unha proba ata o final de temporada, así que "non hai marxe de erro", comenta Iván Ares.

Hai tempo que non viamos un final de ano tan emocionante. Clasificación: Pepe López, 150 puntos; Pernía, 145, e Iván Ares, 142. Quedan catro rallys para pechar a temporada: Llanes, Santander, Mediterráneo e Madrid. 

Van ata o momento 2 vitorias de Iván Ares; 4 de Pepe López. Dende o venres temos o Rally de Llanes, un rally curto e coa previsión de bo tempo para voar por estradas semellantes ás galegas.

 

Noticias web

24/09/2019