CRTVG

Buscar

Iván Ares recibe a última evolución do Hyundai a tres semana do inicio da temporada

Publicado o 09/03/2020 19:47

É a última evolución do R5 de Hyundai. "A maior diferenza vai ser a suspensión. É outra marca. Era, se cadra, un dos puntos frouxos que tiñamos no anterior coche", explica Iván Ares.

A implicación de Hyundai no proxecto de Ares converte o galego nun piloto privado, pero semioficial para o fabricante surcoreano. 

"Hyundai Motorsport está moi implicada co noso proxecto. Estivemos na fábrica dúas veces este ano, e vese que hai movemento, moitos coches pedidos. Queren que o coche estea adiante", sinala o subcampión de España.

Agora o traballo é para os mecánicos. Ata o inicio do Campionato de España en Córdoba quedan tres semanas. "Nós queremos ter todo á nosa man. Comprobar que estea todo nos seus apretes e no seu sitio. Sobre todo observar as pequenas cousas que cambiaron, ver como funciona todo. Agora estamos poñéndolle unhas proteccións por debaixo para conservar en bo estado o coche", di o piloto de Cambre.

Ares testará o coche en Cantabria a vindeira fin de semana. Non descarta participar no Rally do Cocido, unha semana antes de Córdoba. Este ano conta con facer os rallis de Roma e a República Checa, valedoiros para o Europeo.

Noticias web

09/03/2020