CRTVG

Buscar

Iván Ares quere saír líder do rally das Canarias

Publicado o 03/05/2019 17:14

E estase disputando o Rally de Canarias. Dentro duns minutos arranca a sesión vespertina da primeira etapa. Despois de acabar no segundo posto no Rally de Serra Morena, o piloto de Cambre está afrontando o Rally das Illas Canarias. E en sete días chegará o Rally de Adeje. Para esta dobre cita, Ares contará xa con David Vázquez como copiloto.

De momento, Iván Ares marcha terceiro na xeral, a 19 segundos de Pepe López, que ocupa a segunda praza. O líder é o ruso Lukyanok. Este rally é valedeiro para o Campionato de Europa. Remata mañá.

Noticias web

03/05/2019