CRTVG

Buscar

Iván Ares quere recuperar o trono

Publicado o 20/03/2019 20:26

Iván Ares quere recuperar o trono. O subcampión de España de rallys de asfalto empeza a temporada apuntando ao máis alto: "Con moitas ganas, moita ilusión de demostrar por que fomos campións de España no 2017, o ano pasado non puido ser por moi pouco, pero creo que temos coche e equipo para poder facelo".

E para conseguilo a receita non pode ser máis sinxela: "Gañar rallys, moitos rallys. O ano pasado parece que nos custaba, estábamos moi preto pero por unha cousa ou por outra parece que se nos escapaban. Este ano o que quero é gañar rallys, e cantos máis rallys gañemos máis opcións temos de gañar o campionato".

E a primeira ocasión de vitoria preséntase esta fin de semana coa estrea do campionato, o rally de Serra Morena: "Partimos coma favoritos, ningunha presión, nós imos facer o noso rally, correr o máximo posible e tentar acadar a vitoria, que creo que o podemos facer".

A de Córdoba é a primeira proba das 11 que completan o calendario, pero Iván Ares só correrá 9 por razóns de orzamento: "O presuposto está moi xusto, decidimos facer 9, é o que firmei con Hyundai e é o que imos facer. Estamos moi limitados de presuposto e só me podo comprometer a facer 9 carreiras".

Noticias web

20/03/2019