Iván Ares foi terceiro no 'shakedown' e no treito de cualificación no Rally La Nucía
Publicado o 06/11/2020 16:36
No mundo do motor comezou este mediodía en Alacante o Rally La Nucía, que abre co dominio de Pepe López, o actual líder do Campionato de España de Asfalto.
Pepe López marcou o mellor tempo no shakedown e tamén no treito de cualificación. Houbo unha loita moi igualada polo segundo posto entre Iván Ares e Cohete Suárez. Quedaron os dous a segundo e medio de Pepe López, con Suárez por diante do piloto galego por unhas milésimas. Cuarto foi Joan Solán co copiloto de Arteixo Mauro Barreiro.