CRTVG

Buscar

Iván Ares comeza a súa temporada máis esixente

Publicado o 06/04/2021 13:48

Este será un ano diferente para Iván Ares. O máis esixente. Non abondará con dar o do de peito en asfalto, senon tamén en terra.

Ares dedicou a pretemporada a ensaiar, sobre todo na terra. Así que chega a Serra Morena, primeira carreira en asfalto, con certo déficit preparatorio.

En Córdoba, aos aspirantes habituais á vitoria, como o propio Ares, Suárez ou Pernía, engádense este ano o catro veces campión galego Víctor Senra e o que fora campión do mundo júnior Jan Soláns.


 

Noticias web

06/04/2021