CRTVG

Buscar

Iván Ares afronta a súa primeira cita do ano no Europeo en Roma

Publicado o 20/07/2021 13:12

Non hai parada no calendario de Iván Ares. Apenas rematado o Rally de Ourense, no que foi segundo, viaxa xa a Italia para afrontar a súa primeira cita do ano co Europeo en Roma.

Roma será un gran test para o que está por vir. Lembra Ares que o seu obxectivo principal é o Supercampionato de España, no que é terceiro actualmente. A seguinte proba será en agosto en Ferrol.

En Italia, o cambrés encabezará unha ampla representación galega canda Luis Vilariño e Javier Pardo.
 

Noticias web

20/07/2021