CRTVG

Buscar

Iván Ares abandona por avaría en La Nucía e perde o Campionato de España de Rallys de Asfalto

Publicado o 09/11/2019 21:12

Pepe López proclámase campión cando falta unha proba

Iván Ares abandonou o Rally da Nucía por unha avaría e Pepe López quedou primeiro e converteuse no novo Campión de España de Rallyes de Asfalto
Ares tivo que deixar a competición no penúltimo treito cando estaba a seis segundos do Citroen do madrileño. Parece ser que un conato de incendio no seu Hyundai provocou o abandono do piloto de Cambre. Sen Ares en competición Pepe López deixouse levar e non cometeu ningún erro ata que cruzou a meta como líder e novo Campión de España a falta dunha proba.

Noticias web

09/11/2019