CRTVG

Buscar

Italia, rival de España nas semifinais da Eurocopa tras derrotar a Bélxica

Publicado o 02/07/2021 23:02
Italia, rival de España nas semifinais da Eurocopa tras derrotar a Bélxica

EFE

EFE

A selección de Italia será a rival de España nas semifinais da Eurocopa tras gañar este venres no Allianz Area de Múnic (Alemaña) á de Bélxica por 1-2 nun partido de cuartos resolvido no primeiro tempo. Un gol de Nicolo Barella aos 31 minutos, 18 despois de que fORA anulado un tanto por fóra de xogo de Leonardo Bonucci; e outro de Lorenzo Insigne no 44 plasmaron a superioridade de Italia no primeiro tempo, aínda que no tempo engadido do primeiro acto Romelu Lukaku aliviou a situación de Bélxica desde o punto de penalti e situou o 1-2.

No segundo tempo as forzas equilibráronse, pero ningún dos dous equipos foi capaz de volver marcar. España e Italia enfrontaranse na primeira semifinal o martes 6 de xullo no estadio londiniense de Wembley ás 21.00 

Noticias web

02/07/2021