Italia impoñerá o uso obrigatorio da máscara ao aire libre e prorrogará o estado de emerxencia
Publicado o 06/10/2020 20:50
Italia impoñerá o uso obrigatorio da máscara ao aire libre. Tamén prorrogorá o estado de emerxencia ata o 31 de xaneiro.
As medidas adiantounas hoxe o ministro de Sanidade no Parlamento e mañá serán aprobadas polo Goberno. Italia toma esta decisión polo aumento de casos nas últimas semanas.
O uso da máscara no exterior xa era obrigatorio nalgunhas rexións como a da Lazio, cuxa capital é Roma, pero agora estenderase a todo o país.