CRTVG

Buscar

Italia frea a desescalada pola repunta dos contaxios

Publicado o 10/03/2021 14:56

A pandemia repunta no ámbito de toda Europa. E faino de maneira moi evidente en países como Italia. Na última semana en Italia a media diaria de contaxios foi de 337 casos por millón de habitantes, máis do dobre da que se rexistra en España, que está en 154.

Así as cousas, a repunta dos contaxios levou o novo Goberno de Mario Draghi a dar marcha atrás no proceso de desescalada e prevé novas restricións como o peche total do país durante a fin de semana. En Italia, o número de falecidos pola covid-19 son máis de cen mil."

Noticias web

10/03/2021