CRTVG

Buscar

Italia fará tests ás persoas que regresen de España

Publicado o 12/08/2020 19:41

O Ministerio de Sanidade de Italia pedíalle este mércores ás rexións que realicen probas de coronavirus a quen proceda de España, Grecia, Croacia e Malta, dado o aumento de gromos orixinados por persoas que volveron ao país tras pasar as súas vacacións nesas zonas. 

O ministro de Sanidade de Italia, Roberto  Speranza, propuxo aos dirixentes das rexións que quen regrese dalgún destes catro países debe someterse a unha proba nas 72 horas anteriores ou terá que facerlla en 48 horas, despois da súa entrada no país.

Italia rexistrou 10 mortos nas últimas 24 horas e un aumento no número de novos  contaxios: 481 fronte aos 412 do día anterior, segundo o Ministerio de Sanidade. Ademais, rexistrouse un total de 251.713 persoas infectadas. Co últimas dez vítimas mortais, os falecidos por coronavirus ascenden a 35.225 persoas. 

 Moitos dos novos casos son de mozos que volveron de vacacións, como dez persoas do norte de Italia que deron positivo tras estar de vacacións en Croacia.