Italia dedica o derradeiro 'addio' á figura de Rafaella Carrà
Publicado o 07/07/2021 16:29
Italia ultima os preparativos para un longo adeus a Rafaela Carrá, unha das grandes iconas televisivas que morreu este luns aos 78 anos.
A comitiva fúnebre partirá ás catro desta tarde desde a súa casa e percorrerá algúns dos lugares máis significativos da súa carreira artística.
Despois marchará cara ao concello de Roma, onde se instalará a capela ardente que quedará aberta ao público ata o venres, cando se celebrará o funeral e soterramento. O Goberno decretou un día de loito nacional e aquí en Roma, o lugar onde vivía, todo está preparado para este derradeiro "addio" a quen foi icona do espectáculo televisivo en Italia pero tamén en España.