CRTVG

Buscar

Italia, campioa da Eurocopa ao gañar na quenda de penaltis a Inglaterra en Wembley

Publicado o 12/07/2021 08:12
Italia, campioa da Eurocopa ao gañar na quenda de penaltis a Inglaterra en Wembley
Italia gañou a súa segunda Eurocopa ao derrotar a Inglaterra nos penaltis (1-1 ao final do partido), cos fallos de Saka, Jadon Sancho e Marcus Rashford desde os once metros. O combinado dirixido por Roberto Mancini sucedeu ao equipo campión de 1968, que gañara a Eurocopa tras superar na final 2-0 a Iugoslavia.
Cincuenta e tres anos despois, Italia proclamouse campioa. O encontro ante Inglaterra comezou cun tanto de Luke Shaw aos dous minutos despois de aproveitar unha asistencia desde a banda dereita de Kieran Trippier que rematou á rede da portería defendida por Gianluigi Dunnarumma. Despois, aos 67 minutos, Bonucci empatou tras un remate de cabeza de Marco Verratti á saída dun córner que golpeou no poste. O central italiano recolleu o rebote e mandou o partido á prórroga, na que non houbo máis goles. Ao final, os penaltis ditaron sentenza e Italia proclamouse campioa.