CRTVG

Buscar

Italia baixará os impostos para estimular o crecemento económico

Publicado o 09/09/2021 15:53

O executivo encabezado polo expresidente do Banco Central Europeo Mario Draghi fixo público o seu plan para impulsar unha reforma tributaria en Italia. Os plans do Goberno céntranse en mitigar a presión fiscal rebaixando o imposto da renda, o IVE e eliminando decenas de pequenos tributos que afectan o peto dos cidadáns.

Esta mesma semana o xornal 'Financial Times' gababa a xestión de Draghi e destacaba o bo rumbo da economía italiana.


 

 

Noticias web

09/09/2021